Compulsa electrónica de documentos, para entrega á administración

Para algúns trámites esíxennos presentar documentación orixinal de forma presencial, e dannos como alternativa facer o trámite a través da sede electrónica, presentando documentos electrónicos compulsados.
Dependendo da viaxe que supoña ir en persoa (máis de 100Km ida e volta a Hacienda e máis de 200Km ida e volta para ir a Catastro ou ó Rexistro de asociacións, por exemplo). Se dispomos de certificado dixital e nos manexamos con él, pode sair mellor pagar as taxas (5,42€) e pasar pola oficina da Agraria para obter o documento compulsado electrónico e facer o trámite en liña.

Nas seguintes liñas explico o procedemento:

Pago da taxa, a través da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).

Imos á paxina da ATRIGA , buscamos «Pago de Taxas e precios» e pulsamos iniciar trámite, con certificado.

A taxa que nos interesa é:

  • Taxa: «302700 – Copias compulsadas ou auténticas de expedientes en poder da Administración e copias auténticas de documentos privados ou de outras administracións», e remítese á
  • Consellería: 04 – Presidencia, Xustiza e deportes»,
  • Delegación: «13 – Servicios Centrais» e
  • Servizo: «01 – Secretaría»
  • Prezo: 5,42€ (en 2026, posiblemente cambie cada ano)

O seguinte paso é facer o pago, que pode ser en liña (con tarxeta ou bizum) ou na oficina bancaria dalgunha das entidades acreditadas. Como resultado, disporase de un xustificante de pago (en papel ou dixital, no correo electrónico).

Visita á Oficina de atención á cidadanía e rexistro co documento que queremos compulsar

Na axencia agraria, tras presentar o xustificante do pago da taxa, dixitalizarase o documento e darannos un comprobante, no que se indica o código de verificación electrónica do documento (un código moi longo que comeza con «XGREG-************************».

Con ese código, na páxina de verificación de documentos da xunta pódese descargar a copia electrónica auténtica do noso documento, que será a que podamos utilizar para trámites online.

O listado de oficinas de atención á cidadanía e rexistro da Xunta pódese consultar en: https://012.xunta.gal/es/servizos-destacados/oficinas-de-atencion

Na Comarca de Viana, as opcións que temos son as oficinas agrarias de Viana e da Gudiña.




Volver arriba